Cumprimos 20 anos e celebrámolo ofrecéndoche un 10% de desconto en todas as nosas cadeiras salvaescaleiras. ⏱️ Oferta dispoñible só por tempo limitado!

Cumprimos 20 anos e celebrámolo ofrecéndoche un 10% de desconto en todas as nosas cadeiras salvaescaleiras. ⏱️ Oferta dispoñible só por tempo limitado!

4 lugares nos que urxe eliminar as barreiras arquitectónicas

As barreiras arquitectónicas seguen entre nós. Aínda que cada vez son máis as medidas que teñen como fin eliminalas, segue sendo moito o traballo que hai por diante para que todas as persoas poidan facer unha vida plena, autónoma e independente. Neste proceso de eliminación de barreiras, é necesario establecer unha orde de prioridades para centrarnos nos lugares máis importantes; sitios imprescindibles dos que urxe erradicalas.

Mobiliario urbano

As barreiras arquitectónicas urbanísticas, tamén coñecidas polas súas siglas BAU, son aquelas que están presentes nas vías e espazos de uso público. Existe unha variedade moi diversa de barreiras que podemos poñer como exemplo de BAU, pero a que máis nos vén á cabeza cando falamos delas é ese pequeno desnivel que pode existir entre a beirarrúa e o paso de peóns. Ese pequeno resalto impide que unha persoa que circula en cadeira de rodas poida desprazarse con facilidade e supón un impedimento no seu libre movemento.

Edificios

Os edificios son outro gran cabalo de batalla no que a accesibilidade debe facerse oco e facilitar o acceso de todas as persoas. Estas barreiras se categorizan dentro dun grupo concreto, as barreiras arquitectónicas de edificación: BAE. Están presentes no interior dos edificios, tanto públicos como privados, e adoitan traducirse en escaleiras que non se poden superar, xa sexa no portal ou entre plantas. Tampouco se libran os locais de hostalería, pois nalgúns, para acceder ao baño, hai que superar un chanzo ou unha serie deles, o que está catalogado dentro das BAE.

Transporte

Outra demanda do mais habitual é a que teñen as persoas que buscan acceder ao transporte público con facilidade. As barreiras arquitectónicas de transporte ou BAT impiden ou dificultan o seu uso. Un bo exemplo é a falta de rampla para subirse ao autobús ou a separación que existe nalgunhas estacións de metro entre coche e plataforma, o que fai imposible ás persoas con mobilidade reducida poder introducirse no transporte.

Vivenda

E por suposto, a accesibilidade empeza na casa. Como xa sabedes, o noso fogar é o primeiro sitio que se debe librar das barreiras, xa que, sen poder saír del, non hai posibilidade de achegarse a unha vida plena e independente. Os salvaescaleiras son unha moi boa solución para gozar de mobilidade dentro do fogar, como as cadeiras e as plataformas que tes á túa disposición na web de Nexoted.

Diferentes modelos a elixir en base ás túas necesidades. Se queres dar ese salto de accesibilidade no teu fogar, o único que debes facer é poñerche en contacto connosco e pedirnos orzamento sen compromiso. O mundo está cheo de barreiras, pero contas con Nexoted para derrubalas.

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestra web mediante el análisis de tu navegación en nuestro sitio web. Si continúas navegando, consideramos que aceptas su uso.