4,8 en Google
Salvaescaleiras en Ourense, para que subir a escaleira sexa máis fácil que andar
- Cadeira para escaleira recta en arredor de 7 días*
- Curvas, pedra e plataformas: estudámolo á medida
- Sen obras; o técnico ensínavos a usala
Chamámoste sen compromiso
Déixanos nome e teléfono e chámate o noso equipo para coñecer a escaleira.
*Prazo habitual en cadeiras para escaleira recta. En escaleiras con curvas e plataformas depende do proxecto; concretámolo no orzamento.
- Técnico en OurenseE sede central en Mos
- Orzamento sen compromisoDetallado e para a túa escaleira
- Rectas e con curvasCadeiras, plataformas e elevador
- Empresa galegaAtendémoste en galego ou en castelán
Salvaescaleiras en Ourense, con técnico na cidade
En Ourense temos técnico e punto de atención propio, en Vilareal 9, ademais da sede central en Mos. A visita, a instalación e as revisións faias alguén que coñece a zona e ao que podes chamar directamente.
Se a túa escaleira é de pedra, estreita ou con xiros, pódese estudar: revisamos a ancoraxe, os xiros e o paso que queda libre antes de recomendarche un modelo.
Pasa na túa casa?
Cando a escaleira comeza a quitar liberdade
Primeiro súbese máis amodo, logo con medo. E ao final, por non subir, déixase de facer vida en parte da casa.
- Cada subida pénsase antes de facela.
- O andar de arriba quedou para gardar cousas.
- Saír da casa depende de ter axuda para volver.
- Na familia xa se fala de buscar outra vivenda.
Que solución necesitas
Unha solución para cada escaleira de Ourense
O noso técnico de Ourense ve a escaleira, comproba a ancoraxe e o paso, e explícache que modelo encaixa.
-
Escaleira recta
Cadeira Nexo-STR
Escaleiras rectas, por dentro ou na entrada da casa.
- Asento, repousabrazos e repousapés pregables
- Ata 120 kg (140 kg en opción)
- Joystick e mando a distancia
Instalada en arredor de 7 días*
-
Escaleira con curvas
Cadeira Nexo-STC
Escaleiras que xiran, con descansos ou pendente variable. O raíl fabrícase á medida.
- Á dereita ou á esquerda da escaleira
- Ata 125 kg
- Funciona con batería
Prazo segundo o proxecto
-
Cadeira de rodas
Plataformas e elevador
Se a persoa sobe en cadeira de rodas, valoramos plataforma ou elevador vertical segundo o espazo.
- Plataformas para tramo recto ou con curvas
- Plataforma elevadora vertical para desniveis
- Hai que ver o espazo de entrada e saída
Prazo segundo o proxecto
Plataforma para tramo recto →Plataforma para tramo curvo →Plataforma elevadora vertical →
Cal encaixa na túa casa?
Manda unha foto da escaleira por WhatsApp e orientámoste. A solución confírmase na visita do técnico.
Instalacións reais
Así quedan as solucións de Nexoted
Unha selección dos nosos traballos en vivendas e edificios. Cada escaleira necesita unha solución adaptada ao seu espazo e ás persoas que a utilizan.

Cadeira salvaescaleiras nunha escaleira de madeira 
Plataforma salvaescaleiras xunto ao acceso dun edificio 
Elevador instalado nun acceso exterior
Edificios
Se a barreira está na entrada do edificio
Uns chanzos no portal ou unha escaleira común sen ascensor pódense salvar, coidando que o paso siga libre para os demais veciños.
- Revisamos o camiño enteiro, da beirarrúa á vivenda.
- Dicímosche se encaixa mellor cadeira ou plataforma e canto sitio queda.
- Facémosche un orzamento claro para a reunión de veciños.
- Orientámoste coa documentación que poida facer falta.
Antes de decidir
O que se adoita preguntar antes
-
«Será capaz de usala soa?»
Si: manéxase cunha panca, cara a un lado sobe e cara ao outro baixa. O noso técnico ensínavolo na casa, con calma, o día da montaxe.
«hacer todas las pruebas tras colocar el salvaescaleras»
-
«Fará falta obra?»
Non. O raíl áncorase na escaleira e a cadeira prégase cando non se usa. Ao rematar, deixámolo todo limpo.
«han sido rápidos y ha quedado discreta»
-
«Canto custa?»
Segundo a escaleira, a súa lonxitude e o modelo. Primeiro vémola e logo dámosche un orzamento detallado; tamén podes preguntar polo financiamento.
«dieron presupuesto rápido y nos lo instalaron rapidísimo»
-
«E se se estraga?»
Funciona con batería, tamén nun corte de luz. E temos técnico en Ourense: tes un teléfono preto para calquera dúbida ou incidencia.
«La silla cumple perfectamente su función y el servicio técnico muy eficiente.»
Como traballamos
Do primeiro contacto á primeira subida
- 1
Contactas
Por teléfono, WhatsApp ou formulario; pode facelo un familiar.
- 2
O técnico ve a escaleira
Toma medidas, comproba a ancoraxe e o paso e explícache as opcións.
- 3
Orzamento sen compromiso
Detallado, co modelo, o que inclúe e o prazo do teu caso.
- 4
Montaxe na casa
Sen obras. Deixámola funcionando, ensinámosvos a usala e recollémolo todo.
Escaleira recta: cadeira en arredor de 7 días. Escaleira con curvas ou plataforma: segundo o proxecto, porque se fabrica á medida.
Úsase cunha panca
Unha vez sentado e co cinto, a panca do repousabrazos faino todo: a un lado sobe, ao outro baixa.
Opinións en Google
Opinións en Google dos nosos clientes
4,8Valoración en Google
-
Alicia Molano
Hai 2 anosLa instalación de la silla de mi madre perfecta,muy serios , eficaces y profesionales.Gracias juan Carlos
-
Julia Ferreiro
Hai 2 anosMuy contentos con Nexoted, sobre todo con el comercial, persona responsable y q nos asesoró en todo momento, gracias desde aquí J.C. La silla cumple perfectamente su función y el servicio técnico muy eficiente.
-
MARÍA JOSÉ ORTIZ GÓMEZ
Hai 3 anosMe instalaron una silla salvaescaleras y estoy contenta. Me resuelven problemas por teléfono.
Ver todas as opinións en Google
Selección de opinións publicadas na ficha de Google de Nexoted por clientes de toda Galicia, amosadas tal cal (en castelán no orixinal).
Onde estamos
Ourense e arredores, con técnico en Ourense
Temos técnico e punto de atención en Ourense, ademais da nosa sede central en Mos. Desde aquí atendemos visitas, instalacións e revisións.
- Ourense
- Barbadás
- Pereiro de Aguiar
- San Cibrao das Viñas
Preguntas frecuentes sobre salvaescaleiras en Ourense
Canto custa un salvaescaleiras en Ourense?
Depende da escaleira: recta ou con curvas, lonxitude, número de paradas e modelo. Con curvas, o raíl vai á medida e custa máis. O noso técnico véa e dámosche un orzamento detallado e sen compromiso.
Canto se tarda?
Se a escaleira é recta, a cadeira adoita estar instalada en arredor de 7 días. Con curvas ou en plataformas depende do proxecto, porque se fabrican para a túa escaleira; o prazo vai no orzamento.
Vale para unha escaleira estreita?
Hai que medir o paso coa cadeira en uso e pregada e o espazo para sentarse e erguerse. Non hai unha medida que valla para todas; cunha foto orientámoste e na visita confirmámolo.
Fáiseme falta unha cadeira ou unha plataforma?
A cadeira, se a persoa pode sentarse e erguerse. A plataforma ou o elevador vertical, se ten que subir na súa cadeira de rodas. Valorámolo contigo segundo o uso e o espazo.
Pódese instalar na escaleira de fóra?
Si, hai modelos para exterior, como a Nexo-STR en tramos rectos. O técnico revisa o lugar na visita; avísanos se a escaleira está á intemperie.
Como funciona nunha comunidade de veciños?
Miramos o percorrido desde a rúa, o paso que debe quedar libre e o que decida a comunidade. Dámosche opcións e un orzamento claro para a xunta; a documentación depende de cada edificio.
Pódese poñer nunha escaleira de pedra?
Pódese estudar. Hai que revisar a ancoraxe, os xiros e o paso que queda libre. O noso técnico de Ourense compróbao na visita e explícache que modelo encaixa.
Hai axudas para instalar un salvaescaleiras en Ourense?
A 15/10/2026, a convocatoria 2026 da Deputación está resolta e era para maiores de 65 anos de concellos de menos de 20.000 habitantes: non inclúe Ourense capital. Non hai que contar cunha axuda sen revisar antes as bases e os prazos da convocatoria que corresponda.
Dá o primeiro paso e deixa a escaleira nas nosas mans.
Chámanos, escríbenos por WhatsApp ou déixanos o teu teléfono. Sen compromiso.
