4,8 en Google
Salvaescaleiras en Vigo, para que subir a escaleira sexa máis fácil que andar
- Cadeiras para escaleira recta, instaladas en arredor de 7 días*
- Cadeiras para curvas e plataformas, á medida
- Sen obras. Ensinámosche a usala na casa
Chamámoste sen compromiso
Déixanos o teu nome e o teu teléfono. Chamámoste para coñecer a escaleira.
*Prazo habitual en cadeiras para escaleira recta. En escaleiras con curvas e plataformas depende do proxecto; concretámolo no orzamento.
- Sede en MosNa área de Vigo
- Orzamento sen compromisoDetallado e para a túa escaleira
- Rectas e con curvasCadeiras, plataformas e elevador
- Empresa galegaAtendémoste en galego ou en castelán
Salvaescaleiras en Vigo: casas, pisos e portais
En Vigo hai de todo: casas con escaleira interior nas parroquias, pisos cuns chanzos ata o ascensor e portais de edificios sen ascensor. Cada caso pide unha solución distinta, e por iso comezamos sempre por ver o percorrido completo.
A nosa sede está en Mos, na área de Vigo, así que a visita, a instalación e as revisións organizámolas desde moi preto. Se é para os teus pais, podes levalo todo ti por teléfono ou WhatsApp e estar presente o día da visita.
Sóache?
Cando a escaleira comeza a decidir quen sobe e quen baixa
Ao principio é só cansazo. Despois, agarrarse forte ao pasamáns. E un día a casa organízase para non ter que subir.
- Súbese e báixase só cando non queda máis remedio.
- O andar de arriba úsase cada vez menos.
- Agárdase a que haxa alguén na casa para usar a escaleira.
- Xa se falou de durmir abaixo ou de cambiar de casa.
Que solución necesitas
Unha solución para cada escaleira de Vigo
Non fai falta que saibas o modelo. Con saber como é a escaleira e quen a vai usar, orientámoste.
-
Escaleira recta
Cadeira Nexo-STR
Para tramos rectos, dentro da casa ou nunha entrada exterior.
- Asento, repousabrazos e repousapés pregables
- Ata 120 kg (140 kg en opción)
- Joystick e mando a distancia
Instalada en arredor de 7 días*
-
Escaleira con curvas
Cadeira Nexo-STC
Para escaleiras con curvas, descansos ou cambios de pendente. O raíl fabrícase para a túa escaleira.
- Á dereita ou á esquerda da escaleira
- Ata 125 kg
- Funciona con batería
Prazo segundo o proxecto
-
Cadeira de rodas
Plataformas e elevador
Se a persoa necesita subir sen deixar a súa cadeira de rodas, estudamos unha plataforma ou un elevador vertical segundo o espazo.
- Plataformas para tramo recto ou con curvas
- Plataforma elevadora vertical para desniveis
- Hai que ver o espazo de entrada e saída
Prazo segundo o proxecto
Plataforma para tramo recto →Plataforma para tramo curvo →Plataforma elevadora vertical →
Non sabes cal encaixa?
Mándanos unha foto da escaleira por WhatsApp e orientámoste. A solución final confírmase ao ver a escaleira.
Instalacións reais
Así quedan as solucións de Nexoted
Unha selección dos nosos traballos en vivendas e edificios. Cada escaleira necesita unha solución adaptada ao seu espazo e ás persoas que a utilizan.

Cadeira salvaescaleiras instalada nunha vivenda 
Plataforma salvaescaleiras instalada nun portal 
Elevador instalado xunto a unha escaleira interior
Comunidades de veciños
A barreira está no portal?
Ás veces o problema non está dentro da casa, senón nuns chanzos ata o ascensor ou na escaleira común dun edificio. Tamén ten solución.
- Vemos o percorrido completo, da rúa á porta da casa.
- Explicámosche se encaixa unha cadeira ou unha plataforma e que paso queda libre para os veciños.
- Dámosche un orzamento claro para presentalo na xunta.
- Orientámoste sobre a documentación que poida pedir a comunidade.
Antes de decidir
As dúbidas máis habituais, resoltas
-
«E se non sabe usala?»
Manéxase cunha panca: cara a un lado sobe e cara ao outro baixa. O día da instalación explicámosvolo con calma, as veces que faga falta.
«no les importó repetir todos los pasos hasta asegurarse que todo quedase muy claro»
-
«Haberá que facer obra?»
Non. O raíl áncorase á escaleira e, cando non se usa, a cadeira prégase e deixa paso. Ao rematar, deixámolo todo recollido.
«Un trabajo rápido, eficaz y limpio, yo no me tuve que preocupar de nada.»
-
«Canto me vai custar?»
Depende de se a escaleira é recta ou con curvas, da súa lonxitude e do modelo. Por iso non damos prezos ás cegas: vemos a escaleira e dámosche un orzamento detallado. Pregúntanos tamén polo financiamento.
«me indico cual era la mejor opción para mis necesidades y me envió el mismo día un presupuesto detallado»
-
«E se algún día falla?»
As cadeiras funcionan con batería, tamén se vai a luz. E estamos en Mos, ao lado: tes un teléfono ao que chamar para calquera dúbida ou incidencia.
«Me resuelven problemas por teléfono.»
Como traballamos
Da túa chamada á primeira subida
- 1
Chámasnos ou escríbesnos
Por teléfono, por WhatsApp ou co formulario. Se é para os teus pais, podes chamarnos ti.
- 2
Vemos a escaleira
Medimos o percorrido, escoitamos como se vai usar e explicámosche as opcións.
- 3
Orzamento detallado
Co modelo, o que inclúe e o prazo do teu caso, sen compromiso.
- 4
Instalación e explicación
Sen obras. Ensinámosvos a usala e deixámolo todo limpo.
Cadeiras para escaleira recta: en arredor de 7 días. Escaleiras con curvas e plataformas: segundo o proxecto, porque se fabrican para a túa escaleira.
Manéxase cunha panca
Séntaste, abrochas o cinto e moves a panca do repousabrazos: cara a un lado sobe e cara ao outro baixa.
Opinións en Google
O que contan as familias
4,8Valoración en Google
-
Margarita Herranz
Hai 2 anosExcelente tanto el tiempo de respuesta, imprescindible en nuestro caso ya que se trataban de darle servicio a una persona mayor recién operada, así como la instalación super eficaz y limpia.
-
Rosa Lorenzo
Hai un anoDesde el asesoramiento a la instalación, el trato ha sido impecable. Excelentes profesionales, muy humanos y cercanos, no les importó repetir todos los pasos hasta asegurarse que todo quedase muy claro, así como hacer todas las pruebas tras colocar el salvaescaleras. 100% recomendado!
-
Guti Vilar
Hai 2 anosRapidez en presupuestar y en montar. Teníamos otro presupuesto mas (similar) pero las valoraciones de google nos hicieron decidir por esta empresa (el servicio post venta en estas cosas es muy importante). Un acierto.
Ver todas as opinións en Google
Selección de opinións publicadas na ficha de Google de Nexoted por clientes de toda Galicia, amosadas tal cal (en castelán no orixinal).
Onde estamos
Vigo e arredores, atendidos desde Mos
A nosa sede está no polígono de Veigadaña, en Mos, na área de Vigo. Desde aquí saen as visitas, as instalacións e o servizo técnico.
- Vigo
- Mos
- Redondela
- O Porriño
Preguntas frecuentes sobre salvaescaleiras en Vigo
Canto custa un salvaescaleiras en Vigo?
Depende da escaleira (recta ou con curvas), da súa lonxitude, do número de paradas e do modelo. Unha escaleira con curvas leva un raíl fabricado á medida e custa máis ca unha recta. Por iso vemos a escaleira e dámosche un orzamento detallado e sen compromiso, co que inclúe.
Canto se tarda en instalalo?
As cadeiras para escaleira recta adoitan quedar instaladas en arredor de 7 días. En escaleiras con curvas e en plataformas, o prazo depende do proxecto, porque o raíl ou a plataforma se fabrican para a túa escaleira. Concretámolo no orzamento.
Pódese poñer nunha escaleira estreita?
Depende do paso que quede coa cadeira en uso e pregada, e do espazo para sentarse e erguerse arriba e abaixo. Non hai unha medida válida para todas as escaleiras: hai que vela. Cunha foto orientámoste e confirmámolo na visita.
Necesito unha cadeira ou unha plataforma?
Se a persoa pode sentarse e erguerse, normalmente estúdase unha cadeira. Se necesita subir sen deixar a súa cadeira de rodas, hai que valorar unha plataforma ou un elevador vertical. Vémolo contigo segundo o uso e o espazo.
Pódese instalar nunha escaleira exterior?
Si, hai modelos preparados para exterior, como a cadeira Nexo-STR para tramos rectos. Hai que revisar o lugar na visita. Se a escaleira está ao aire libre, dínolo desde o principio.
Que hai que ter en conta nunha comunidade de veciños?
O percorrido completo desde a rúa, o paso que debe quedar libre para os veciños e o que decida a comunidade. Explicámosche as opcións e dámosche un orzamento claro para a xunta. A documentación necesaria depende de cada edificio.
Hai axudas para instalar un salvaescaleiras en Vigo?
A 15/10/2026, a convocatoria municipal de Vigo para a accesibilidade de edificios residenciais colectivos pechou as solicitudes o 24 de agosto. Non hai que contar cunha axuda sen revisar antes as bases e os prazos da convocatoria que corresponda.
Dá o primeiro paso. Da escaleira encargámonos nós.
Chámanos, escríbenos por WhatsApp ou déixanos o teu teléfono. Sen compromiso.
