4,8 en Google
Salvaescaleiras en Santiago de Compostela, para que subir a escaleira sexa máis fácil que andar
- Cadeira para tramo recto en arredor de 7 días*
- Escaleiras con xiros e plataformas, á medida
- Sen obras e con práctica o día da montaxe
Chamámoste sen compromiso
Déixanos un nome e un teléfono. Chamámoste para coñecer a escaleira e o edificio.
*Prazo habitual en cadeiras para escaleira recta. En escaleiras con curvas e plataformas depende do proxecto; concretámolo no orzamento.
- Técnicos en toda GaliciaSede central en Mos
- Orzamento sen compromisoDetallado e para a túa escaleira
- Rectas e con curvasCadeiras, plataformas e elevador
- Empresa galegaAtendémoste en galego ou en castelán
Salvaescaleiras en Santiago: escaleiras con xiros e edificios antigos
Antes de elixir unha cadeira ou unha plataforma convén mirar que percorrido hai que salvar. Unha entrada con varios chanzos, unha escaleira con xiros e un acceso compartido piden estudos distintos.
No casco histórico e en edificios antigos, ademais, hai que revisar a situación do inmoble e o que pida o Concello. Explicámosche a solución técnica e a documentación que pode facer falta. Temos técnicos en toda Galicia e a sede central en Mos.
Situacións coñecidas
Cando cada chanzo pesa máis ca o anterior
O que antes era un paso máis vólvese un esforzo. E case sen decatarse, a vida vaise recollendo no andar de abaixo.
- Súbese agarrado coas dúas mans ao pasamáns.
- Hai cousas arriba que xa nin se baixan buscar.
- Evítase saír para non ter que volver subir.
- A escaleira úsase só se hai alguén na casa.
Que solución necesitas
Unha solución para cada escaleira de Santiago
En escaleiras con xiros ou descansos, a cadeira para curvas fabrícase á medida. Cóntanos cantos andares queres conectar e orientámoste.
-
Escaleira recta
Cadeira Nexo-STR
Se a escaleira vai recta de abaixo arriba, no interior ou ao aire libre.
- Asento, repousabrazos e repousapés pregables
- Ata 120 kg (140 kg en opción)
- Joystick e mando a distancia
Instalada en arredor de 7 días*
-
Escaleira con curvas
Cadeira Nexo-STC
Se xira, ten descansos ou cambia de pendente: o raíl deséñase para esa escaleira.
- Á dereita ou á esquerda da escaleira
- Ata 125 kg
- Funciona con batería
Prazo segundo o proxecto
-
Cadeira de rodas
Plataformas e elevador
Se hai que subir sen erguerse da cadeira de rodas: plataforma ou elevador vertical, segundo o que permita o espazo.
- Plataformas para tramo recto ou con curvas
- Plataforma elevadora vertical para desniveis
- Hai que ver o espazo de entrada e saída
Prazo segundo o proxecto
Plataforma para tramo recto →Plataforma para tramo curvo →Plataforma elevadora vertical →
Non sabes por onde comezar?
Unha foto por WhatsApp abóndanos para darche unha primeira orientación. Despois confirmámolo na visita.
Instalacións reais
Así quedan as solucións de Nexoted
Unha selección dos nosos traballos en vivendas e edificios. Cada escaleira necesita unha solución adaptada ao seu espazo e ás persoas que a utilizan.

Cadeira salvaescaleiras nunha escaleira de madeira 
Plataforma salvaescaleiras xunto ao acceso dun edificio 
Elevador instalado xunto a unha escaleira interior
Edificios con escaleira común
Cando a dificultade comeza na entrada do edificio
Un portal con chanzos ou un edificio antigo sen ascensor teñen solución. Hai que estudar o espazo común e como afecta ao resto de veciños.
- Estudamos o percorrido de principio a fin, desde a rúa.
- Comparamos cadeira e plataforma e dicímosche que paso queda para os demais.
- Preparamos un orzamento claro para que o vexa a comunidade.
- Orientámoste sobre os trámites e documentos que se poidan pedir.
Antes de decidir
Antes de decidir, o que máis se pregunta
-
«Será doada de manexar?»
Moito: unha panca, cara a un lado sobe e cara ao outro baixa. Despois da montaxe practicámolo xuntos ata que se manexe sen dúbidas.
«Mucho más sencillo de lo esperado»
-
«Supón facer obras?»
Non. O raíl fíxase á escaleira e a cadeira prégase para deixar paso cando non se usa. Deixámolo todo recollido ao rematar.
«Resolvieron con mucha eficiencia las dificultades técnicas que planteaba la casa.»
-
«Que me vai custar?»
Márcano a escaleira, a súa lonxitude e o modelo. Vemos a túa e propoñémosche opcións adaptadas, cun orzamento detallado. Tamén podes consultarnos o financiamento.
«Nos mostró dos posibilidades, y lo adapto a nuestras necesidades.»
-
«Quen a arranxa se falla?»
A cadeira ten batería e funciona aínda que falte a luz. Temos técnicos en toda Galicia e un teléfono ao que chamar ante calquera incidencia.
«Me resuelven problemas por teléfono.»
Como traballamos
Que pasa despois de chamarnos
- 1
Falamos
Chámasnos, escríbesnos ou chamámoste nós. Pode facelo calquera familiar.
- 2
Visitamos a escaleira
Medimos, vemos o edificio e como se vai usar, e explicámosche as opcións.
- 3
Recibes o orzamento
Por escrito, co modelo, o que inclúe e o prazo. Sen compromiso.
- 4
Instalámola
Sen obras. Practicamos o uso convosco e deixámolo todo en orde.
Cadeira para escaleira recta: arredor de 7 días. Con xiros ou plataforma, segundo o proxecto, porque se fabrica á medida da escaleira.
Todo cunha soa panca
Séntaste, abrochas o cinto e moves a panca: a un lado para subir, ao outro para baixar.
Opinións en Google
Opinións de familias que xa a usan
4,8Valoración en Google
-
Marián Rebolledo
Hai un anoTenía necesidad urgente de una silla salvaescaleras y la instalaron en cuatro días desde que acepté el presupuesto. La instalación muy rápida y limpia. Resolvieron con mucha eficiencia las dificultades técnicas que planteaba la casa. Muy buen trato personal. La silla es muy fácil de usar. Empresa totalmente recomendable. Estoy muy agradecida
-
Rosa Lorenzo
Hai un anoDesde el asesoramiento a la instalación, el trato ha sido impecable. Excelentes profesionales, muy humanos y cercanos, no les importó repetir todos los pasos hasta asegurarse que todo quedase muy claro, así como hacer todas las pruebas tras colocar el salvaescaleras. 100% recomendado!
-
pablo garcia
Hai 2 anosGrandes profesionales nos informaron correctamente y además nos ayudaron con toda la documentación
Ver todas as opinións en Google
Selección de opinións publicadas na ficha de Google de Nexoted por clientes de toda Galicia, amosadas tal cal (en castelán no orixinal).
Onde estamos
Santiago de Compostela: sede central en Mos, técnicos en toda Galicia
A nosa sede central está en Mos (Pontevedra) e temos técnicos en toda Galicia que atenden a zona de Santiago: visitas, instalacións e revisións.
- Santiago de Compostela
- Ames
- Teo
Preguntas frecuentes sobre salvaescaleiras en Santiago de Compostela
Que custa un salvaescaleiras en Santiago de Compostela?
Depende de se a escaleira é recta ou ten xiros, da súa lonxitude, das paradas e do modelo. Con xiros, o raíl faise á medida e o prezo sobe. Vemos a escaleira e dámosche un orzamento detallado, sen compromiso.
Canto tarda a instalación?
Unha cadeira para escaleira recta adoita estar instalada en arredor de 7 días. En escaleiras con xiros e en plataformas, o prazo depende do proxecto porque se fabrican á medida; verás o prazo por escrito no orzamento.
E se a escaleira é moi estreita?
Comprobámolo medindo o paso coa cadeira aberta e pregada e o espazo para subir e baixar dela. Non hai unha medida universal: cunha foto orientámoste e confirmámolo na visita.
Cadeira salvaescaleiras ou plataforma?
Cadeira se a persoa pode sentarse e erguerse; plataforma ou elevador vertical se necesita seguir na súa cadeira de rodas. Vémolo contigo segundo o uso e o espazo dispoñible.
Funciona nunha escaleira exterior?
Si, cun modelo preparado para exterior, como a Nexo-STR en tramos rectos. Revisamos o sitio na visita; dinos desde o principio se a escaleira está fóra.
Que pasa se vivo nunha comunidade de veciños?
Estudamos o percorrido desde a rúa, o paso que debe quedar libre e o que acorde a comunidade. Dámosche alternativas e un orzamento claro para a xunta; a documentación depende de cada edificio.
E se o edificio está protexido ou no casco histórico?
Hai que revisar a situación do edificio e o que pida o Concello para ese inmoble. Explicámosche que solución técnica encaixa e que documentación pode facer falta; a autorización depende do organismo competente.
Hai axudas para instalar un salvaescaleiras en Santiago de Compostela?
A 15/10/2026 non consta unha axuda aberta que cubra calquera vivenda de Santiago: a da Xunta para áreas de rehabilitación integral (VI408Q) pechou o 30 de setembro e só cobre o seu ámbito. Non hai que contar cunha axuda sen revisar antes as bases e os prazos da convocatoria que corresponda.
Pide información hoxe. A escaleira é cousa nosa.
Chámanos, mándanos un WhatsApp ou déixanos o teu teléfono. Sen compromiso.
