‘Accessibilitas’, unha nova plataforma para impulsar o deseño universal

En Nexoted tamén queremos dar difusión a proxectos que están a traballar en facer máis fácil a vida das persoas e axudar a construír un mundo máis accesible para todos. Unha delas é Accessibilitas, unha plataforma dixital creada, por iniciativa da Fundación ONCE e o Real Padroado sobre Discapacidade, para mellorar o deseño universal de espazos, bens e servizos.

Accessibilitas concentra diferente información de interese en asuntos tan importantes como accesibilidade física, tecnolóxica e á comunicación, xa sexa a través de normativa técnica e legal, guías e manuais, noticias, difusión de xornadas e cursos, material multimedia e moitas cousas máis. En xeral, exemplos de accesibilidade ben entendida e aplicada e maneira correcta, que sirvan de exemplo para as persoas que dan os seus primeiros pasos nesta cuestión.

Os contidos da plataforma están especialmente enfocados a persoas cuxas prácticas profesionais poidan influír en mellorar a accesibilidade de espazos. Con todo, Accessibilitas está dirixida a calquera persoa e institución interesada nesta materia e, coa colaboración de todos, pretende crear unha sociedade máis solidaria. O portal serve de ferramenta de apoio para esas persoas que queiran achegar o seu granito de area ao deseño universal.

En Nexoted quedámonos na casa

En Nexoted quedámonos na casa.

Atendendo ás obrigacións do Estado de alarma e á firme convicción de que debemos colaborar o máximo posible para protexer aos colectivos máis vulnerables, o persoal de Nexoted traballará desde casa salvo o departamento técnico que atenderá as avarías que poidan producirse, priorizando a atención a clientes con necesidades especiais.

Seguimos atendendo as solicitudes de orzamento, para iso podedes dirixirvos a nexoted@nexoted.com ou ao 986441175 e deixar os vosos datos de contacto, posteriormente chamaravos un comercial. Manteremos este servizo mentres dure o Estado de alarma.

Lamentamos as molestias e confiamos que co esforzo de todos supere os pronto está situación.