O turismo accesible está a crecer, e Galicia tamén se inclúe nesta nova maneira de gozar do turismo. Noutros artigos xa vos falamos do que significa o turismo accesible e os pasos que se están dando por incluír a todos, sen excepción, nesta actividade. Pois ben, Galicia púxose as pilas nos últimos anos e varias iniciativas turísticas están adaptadas para que as persoas con mobilidade reducida gocen delas.
O turismo accesible en Galicia
Como vos contabamos, Galicia xa ofrece unha pequena lista de propostas turísticas que inclúen a todos os públicos. Proxectos nos que tamén colaboran as institucións públicas galegas e que ocupan distintos ámbitos, para elaborar unha oferta completa que podedes consultar na web de Turismo de Galicia.
Coñece Santiago de Compostela
Na historia do Camiño, miles de peregrinos puxeron o punto final á súa andaina en Santiago de Compostela. Desde hai poucos anos, entre eles tamén se atopan persoas con mobilidade reducida. A cidade está inmersa nun profundo traballo de eliminación de barreiras arquitectónicas que a fagan aínda máis aberta ao peregrino. Para iso, realizáronse melloras como o acceso á Catedral e outros puntos importantes da capital de Galicia. Ademais, facilitouse o percorrido polas estreitas rúas da zona vella compostelá e as súas preciosas prazas.
Percorre a muralla romana de Lugo
Unha das xoias de Galicia completamente accesibles é a muralla romana de Lugo. Está considerada o monumento fortificado romano mellor conservado e, grazas a unha serie de actuacións, todos nos podemos mover polo seu interior. Anexo á muralla hai un ascensor co que podemos elevarnos ata o alto, ademais de ramplas de acceso. Podemos percorrela ao completo, pero ao tratarse dun monumento tan antigo, hai irregularidades no terreo. Por iso, se é posible, convén contar cunha pequena axuda neses tramos.
Turismo accesible pola Coruña
A Coruña é unha cidade que vale a pena coñecer en todos os seus puntos. Nós suxerimos un roteiro entre dous dos lugares máis coñecidos da cidade, a Torre de Hércules e o Monte de San Pedro, atravesando o Paseo Marítimo da cidade herculina. Neste carreiro atoparasche recintos totalmente accesibles como o Aquarium da cidade, o Museo Militar, o Planetario ou a Casa do Home, máis coñecida como Domus. Un luxo de roteiro que, grazas ao gran traballo en pos da accesibilidade que está a facer o Concello da Coruña, podemos gozar.
Vendimia nas Rías Baixas
Un dos obxectivos que se marcaron as Rutas do Viño de España é o de abrirse a todas as persoas. O enoturismo está en pleno crecemento e as adegas non queren deixar a ninguén fóra do seu proxecto. Entre elas, están as da Denominación de Orixe Rías Baixas, onde podes coñecer os seus viñedos, a importancia da zona e a súa historia para finalizar cunha cata. Neste proxecto común, as empresas vitivinícolas han posto os seus empeños en que as súas instalacións sexan de fácil acceso e mobilidade para as persoas, facendo máis sinxelo un percorrido que ten moito para ver.
Praias accesibles
Non podían faltar as grandes protagonistas do verán. As praias de Galicia reciben multitude de visitantes e o turismo accesible aos areais é unha demanda histórica das persoas con problemas de mobilidade reducida. Por sorte, o acceso mellorou nos últimos anos e xa é larga a lista de praias con grandes pasarelas de acceso, cadeiras anfibias para facer máis fácil a mobilidade, baños e duchas adaptadas, entre outros elementos de axuda.
Esta é só unha pequena mostra de lugares turísticos accesibles para todas as persoas, pero aínda hai moito traballo por diante. O turismo accesible en Galicia segue a ter marxe de mellora, e esa responsabilidade é de todos. Se coñeces establecementos hostaleiros, restaurantes, instalacións turísticas… que aínda non contan cun servizo salvaescaleiras, infórmalles da súa importancia e do fácil que poden facer a vida de moitas persoas. O noso patrimonio debe ser de todos.