Profesionais en solucions de mobilidade

Nexoted é unha empresa integrada por profesionais experimentados na Eliminación de Barreiras Arquitectónicas. Ofrecemos solucións técnicas como cadeiras e plataformas salva escaleiras para mellorar a vida de moitas persoas que atopan no seu propio entorno dificultades de accesibilidade que impiden o seu desenvolvimento persoal. 

Instalaciones de primer nivel

A nave de Nexoted, deseñada polo arquitecto vigués Nacho Hortas e por Adolfo Agra, e que foi merecedora do Premio Gran de Área 2013, é un exemplo de arquitectura moderna e sostible. Contamos cunhas instalacións pensadas para o aforro enerxético con amplos espazos que nos permiten traballar de forma óptica o desenvolvemento de novas solucións de mobilidade, elevadores e salva escaleiras.

Estas instalacións constitúen o centro neurálxico da nosa compañía e é aquí onde xurden as ideas para aportar solucións que permitan enfrentar as barreiras arquitectónicas e facer das nosas cidades e das nosas vivendas un lugar máis accesible. 

Unha traxectoria con compromiso. 

Comercialización, instalación e mantemento de equipos salva escaleiras en Galicia. 

Axudamos a resolver as preocupacións de numerosos particulares e empresas para lograr fogares e edificios accesibles para todos. 

Nesta liña, na de ofrecer a mellor solución para cada necesidade, suministrando e instalando os mellores equipos do mercado, é na que seguimos traballando.